| |
A Área de Didáctica de Matemática, na Universidade de Santiago de Compostela, está adscrita ao Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais que se constitúe no ano 1986. Nun principio a actividade dos mestres centrouse fundamentalmente no deseño e desenrolo de materiais curriculais para a ensinanza e aprendizaxe das matemáticas, fundamentalmente nos niveis de ensinanza primaria.
Realizáronse actividades de colaboración cos mestres de Ensinanza Primaria e Secundaria, dando lugar a libros de texto de Matemáticas para os cursos 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, publicados nos anos 1993, 1994 e 1995 (ABA edicións (Vigo-PO)). Dende principios dos anos 90, o desenrolo de Programas de Teceiro Ciclo no noso Departamento, con carácter bianual, posibilitou a realización de teses doutorais (Cajaraville, 1996, Labraña, 2001, Docampo, 2004), así como a teses de Salinas (2003), realizada no marco doutro Departamento da Facultade de Ciencias da Educación. Esto permitiu á apertura de liñas de investigación, entre as que destacamos: Pensamento matemático avanzado, Teoría da Educación Matemática e Formación do Profesorado en Matemáticas. Na actualidade tamén traballase na liña da metacognición e afectividade na Educación Matemática e en pensamento xeométrico e visualización, no marco das cales están en fase de realización tres teses doutorais.
En colaboración con o ICE da USC, desenroláronse o proxecto de investigación "Avaliación do currículo de Matemáticas nº 2º ciclo da ESO en Galicia" financiado por la Xunta de Galicia , no bienio 2000-2002, no que participado tódolos membros da área, así como os doutores Enrique Vidal Costa (Universidade de Vigo) e Enrique de la Torre Fernández (Universidade de A Coruña).
Para o trienio 2005-2007, esta en estase desenrolando outro proxecto de investigación, subvencionado pola Dirección Xeneral de Investigación do MEC, titulado "Problemática didáctica da ensinanza da álxebra en educación secundaria", na que participan, ademais dos mestres da área, 5 mestres de secundaria.
Estes traballos orixinaron publicacións de libros e artigos en diferentes revistas de investigación e innovación relacionadas coa ensinanza e aprendizaxe das matemáticas e realizáronse comunicacións en congresos tanto nacionais, como internacionais, e moi especialmente nos congresos da asociación ENCIGA (Ensinantes das Ciencias de Galicia) onde participan asiduamente mestres de matemáticas de primaria e secundaria. |